Novedades
-
Domingo 16 de Novembro
A portavoz do Bloque Nacionalista Galego visitou o noso instituto
O pasado venres, Ana Pontón, portavoz do Bloque Nacionalista Galego, visitou o noso centro educativo, visitou algunhas aulas do nivel Inicial, dialogou cos nenos e nenas e saudou a parte do equipo docente da institución. Posteriormente, acompañada por Ana Miranda, deputada no Parlamento Europeo, mantivo un encontro coa Delegación Arxentina da Fundación Galicia América. Nesta xuntanza coñeceu polo miúdo os proxectos educativos que desenvolve o Santiago Apóstolo e asinou no libro institucional de visitas. A dirixente galega mostrouse compracida da liña de traballo que desenvolve o instituto e comprometeu o seu apoio para acompañar os proxectos vindeiros. Asemade, entregou para a biblioteca escolar cadanseu exemplar dos libros “O corvo sobre a neve” de Andrea Maceiras, “Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia” de Anaír e David Rodríguez e “O país invisible” de Arturo Lezcano.
-
Venres 7 de Novembro
Visita do Sr. presidente da Excma. Deputación Provincial de Lugo
Visitounos D. José Tomé Roca, presidente da Deputación Provincial de Lugo. O máximo mandatario provincial, acompañado do senador de España, César Mogo, percorreu parte das nosas instalacións, mantivo un encontro cos mozos e mozas do nivel Secundario e reuniuse cos membros da Delegación arxentina da Fundación Galicia América. Durante a súa intervención perante o alumnado maior do noso centro educativo, o presidente falou da emigración como un camiño de ida e volta que ofrece oportunidades e permite ampliar horizontes. Asemade, brindou o seu apoio ao proxecto educativo institucional e compraceuse co traballo que o Instituto Santiago Apóstolo desenvolve a prol da cultura de Galicia.
-
Martes 9 de Decembro
Feira inspirada en María Elena Walsh
O peche de ano foi con música, xogos e moita imaxinación na nosa feira inspirada en María Elena Walsh. Desde a sala de 1 ata o 7.° grao, cada grupo mergullouse na arte de María Elena, traballando en proxectos que celebraron a creatividade, a curiosidade, o xogo e a liberdade de expresión. Grazas a todas as familias pola súa participación activa e un aplauso xigante á banda @jivers.swing por sumarse para pechar a xornada coa súa música. Grazas polo talento e a alegría que nos compartiron! VER VIDEO AQUÍ
-
Luns 17 de Novembro
Sala de 4: “Quero a pizza!”
A Sala de 4 rematou o seu proxecto e abriu as súas portas a Pizzería “Quero a pizza!” Unha xanela á creatividade e á exploración do mundo real, pasando pola escritura, os números e a arte dun paso a paso ben organizado. Misión cumprida: APRENDER XOGANDO. Parabéns, seños e estudantes! VER VIDEO AQUÍ
-
Luns 22 de Decembro
Literary Concert
Durante este ano, o alumnado comprendido entre 5.º grao de Primaria e 5.º ano de Secundaria traballou en inglés diferentes obras literarias e autores como Edgar Allan Poe, Emily Dickinson, William Shakespeare, John Keats e Walt Whitman. Na mostra presentáronse diversas producións realizadas polos estudantes: pequenas obras de teatro, traballos desenvolvidos no Polo Creativo, lecturas de poemas, podcasts, salas de escape e ata un xuízo en vivo. Todas estas propostas formaron parte do traballo e a creatividade dos nosos alumnos. Unha experiencia que puxo en valor a aprendizaxe do inglés a través da arte, a literatura e o traballo colaborativo, destacando o compromiso e a dedicación dos nosos estudantes. Literary Concert This year, students from 5th grades from primary school up to 5th year from secondary have worked in our year-long workshop with different literary productions by famous writers such as Edgar Allan Poe, Emily Dickinson, William Shakespeare, John Keats and Walt Whitman. Several productions prepared by the students during the year were shown in our concert: live performances of short plays, reading of poems, podcasts, escape rooms, trailers and even a live trial. Many of these were developed in our Creative Lab. All of these works were part of….
-
Luns 15 de Decembro
Exames internacionais de Inglés
Este ano, alumnos de 3.º grao, 5.º grao e 7.° grao de primaria e de 2.º e 5.º ano renderon exames internacionais de inglés. Un logro que reflicte o traballo do inglés intensivo e o compromiso dos nosos estudantes. Parabéns polo esforzo e a dedicación! — This year, students from 3rd, 5th and 7th forms from primary school and from 2nd and 5th year sat for Cambridge international exams. This was a challenge which showed their work and commitment to our intensive English program. Congratulations on their effort and dedication!
-
Luns 22 de Decembro
Literary Concert
Durante este ano, o alumnado comprendido entre 5.º grao de Primaria e 5.º ano de Secundaria traballou en inglés diferentes obras literarias e autores como Edgar Allan Poe, Emily Dickinson, William Shakespeare, John Keats e Walt Whitman. Na mostra presentáronse diversas producións realizadas polos estudantes: pequenas obras de teatro, traballos desenvolvidos no Polo Creativo, lecturas de poemas, podcasts, salas de escape e ata un xuízo en vivo. Todas estas propostas formaron parte do traballo e a creatividade dos nosos alumnos. Unha experiencia que puxo en valor a aprendizaxe do inglés a través da arte, a literatura e o traballo colaborativo, destacando o compromiso e a dedicación dos nosos estudantes. Literary Concert This year, students from 5th grades from primary school up to 5th year from secondary have worked in our year-long workshop with different literary productions by famous writers such as Edgar Allan Poe, Emily Dickinson, William Shakespeare, John Keats and Walt Whitman. Several productions prepared by the students during the year were shown in our concert: live performances of short plays, reading of poems, podcasts, escape rooms, trailers and even a live trial. Many of these were developed in our Creative Lab. All of these works were part of….
-
Xoves 18 de Decembro
Modelo ONU
Este ano, estudantes de 2.° a 5.° de Bacharelato participaron do primeiro Modelo ONU interno do colexio, unha proposta que promoveu o debate respectuoso, a oratoria, o pensamento crítico e o traballo en equipo. A actividade foi levada adiante polo profesor Sebastián Safier, a quen agradecemos o seu compromiso e dedicación neste valioso proxecto educativo.

















































































