Visita do Sr. presidente da Excma. Deputación Provincial de Lugo


Visitounos D. José Tomé Roca, presidente da Deputación Provincial de Lugo.
O máximo mandatario provincial, acompañado do senador de España, César Mogo, percorreu parte das nosas instalacións, mantivo un encontro cos mozos e mozas do nivel Secundario e reuniuse cos membros da Delegación arxentina da Fundación Galicia América.
Durante a súa intervención perante o alumnado maior do noso centro educativo, o presidente falou da emigración como un camiño de ida e volta que ofrece oportunidades e permite ampliar horizontes.
Asemade, brindou o seu apoio ao proxecto educativo institucional e compraceuse co traballo que o Instituto Santiago Apóstolo desenvolve a prol da cultura de Galicia.
