Plástica
Intentamos que os alumnos teñan a oportunidade de entrar en contacto coa arte a través de experiencias estético-expresivas para que se familiaricen cos elementos propios da linguaxe plástica e que poidan así utilizalos libremente en creacións autónomas e creativas, libres de estereotipos. Proporcionarlles matrices de interpretación para que poidan extraer da imaxe toda a súa forza comunicativa e desenvolver a capacidade de goce estético.
O alcanzar unha percepción máis rica permitiralles construír unha sensibilidade estética persoal e formarse como observadores sensibles e críticos nun mundo no que a linguaxe plástica-visual invade a vida cotiá, non só a través da obra de arte, senón tamén de todo tipo de imaxes, fixas e en movemento.