O mestre, escritor e músico galego Pablo Nogueira Campo visita o noso instituto

Recibimos a visita do polifacético profesor galego Pablo Nogueira Campo, quen compartiu un encontro didáctico co alumnado das salas de 5 anos do noso centro de estudos.
Os nenos e nenas recibiron a Pablo interpretando dúas cancións en galego, antes de que o autor compartise con eles un conto da súa autoría, alén de responder as súas preguntas nun diálogo directo e próximo.
En agradecemento pola súa visita e o tempo compartido, os alumnos fixéronlle entrega da medalla institucional. Do mesmo xeito, o escritor doou para a biblioteca escolar 5 títulos da súa bibliografía.
Posteriormente, realizou un percorrido polas instalacións da nosa escola e coñeceu parte do noso proxecto educativo antes de manter unha reunión co equipo directivo do colexio, instancia na que se abordou a filosofía de traballo e os retos futuros.
Agradecemos á Asociación Centro Partido de Carballiño de Bos Aires a colaboración e interese para que esta actividade se puidese concretar.
VIDEO AQUÍ