Mostra do Obradoiro de Bailes Tradicionais de Galicia
O pasado venres, 29 de novembro, desenvolveuse a mostra do Obradoiro de Bailes Tradicionais de Galicia que coordina a profesora Ana Vardaro.
Estudantes dos niveis Primario e Secundario do noso colexio deleitáronnos cun marabilloso espectáculo que puxo en valor unha parte do rico patrimonio material e inmaterial de Galicia.
Entre os bailes e cancións interpretados destacaron: Mix Tanxugueiras, Muiñeira do Son, Jota de Picato, Varre Vasoira, Muiñeira Os Gorechos, na Romería, No Baile, Midas, Muiñeira de Riamonte, Paso Doble Cantado (A Saia de Carolina), Muiñeira de Interior , Muiñeira de Silvela.
Felicitamos á profesora Ana e a todos os estudantes por este espectacular show que nos encheu de música, alegría e tradición!
Video 4 – Video 5 – Video 6 – Video 7