Novedades

Luns 3 de Novembro

Clases abertas de lingua inglesa no nivel Inicial. Unha visita á graxa

Os nenos e nenas do nivel Inicial xunto a Miss Kathy recibiron ás familias para compartir unha clase en inglés. Xogaron, cantaron e divertíronse cos animais da granxa. Levaron un fermoso recordo que armaron xunto ás súas familias. Grazas por compartir connosco! VER VIDEO AQUÍ

Luns 27 de Outubro

Programa Novos Investigadores

A estudante Vitoria Ibarrola, de 4.º ano, participou no Programa Novos Investigadores, organizado pola Biblioteca Nacional Mariano Moreno. O seu traballo de investigación foi seleccionado para formar parte do encontro de peche do programa, un espazo de intercambio e reflexión sobre os proxectos desenvolvidos ao longo do ano. Ademais, o seu traballo foi elixido para ser publicado nun libro do proxecto Novos Investigadores da Biblioteca Nacional, un recoñecemento que destaca a calidade, orixinalidade e compromiso da súa produción. O comité da Biblioteca Nacional subliñou a diversidade e profundidade dos traballos seleccionados, resaltando o valor do proceso de investigación levado adiante polos estudantes. Felicitamos a Vitoria por este logro e por representar o colexio con tanto compromiso e dedicación!

Martes 4 de Novembro

Ciencias naturais: Magnetismo

Os mozos e as mozas de 4.º grao culminaron a súa secuencia de Ciencias Naturais sobre o magnetismo co deseño de divertidos xogos didácticos para compartir o aprendido. Como peche do proxecto, convidaron os estudantes de 2.º grao a participar, ensináronlles as regras e xogaron xuntos para poñer en práctica os seus coñecementos sobre os imáns e as súas propiedades. Foi unha experiencia de aprendizaxe colaborativa, onde os máis grandes se converteron en docentes por un anaco e todos gozaron aprendendo. Parabéns! VER VIDEO AQUÍ

Martes 14 de Outubro

Do xogo ao desafío, do desafío ao encontro

Articulación entre sétimo grao e primeiro curso de Bacharelato. Articulamos Educación Física entre sétimo grao e primeiro ano para seguir construíndo pontes entre niveis VER VIDEO AQUÍ

Sábado 19 de Xullo

Mensaje de la Ministra de Educación, Formación Profesional y Deportes de España, Pilar Alegría

“La educación es un puente entre países, culturas y generaciones”. Con estas palabras, la Ministra de Educación, Formación Profesional y Deportes de España, Pilar Alegría, celebró la firma del Convenio entre el Ministerio y el Instituto Gallego Hispano Argentino Santiago Apóstol de Buenos Aires. Este acuerdo permitirá que el alumnado egresado del colegio acceda también al título español de Bachillerato, abriéndoles las puertas a nuevas oportunidades en Europa. Un paso más en el fortalecimiento de los vínculos entre España y Argentina. Mirá el mensaje completo de la ministra en este video.