Premio da Cultura Galega
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2013 outorga oito galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural.
Nesta edición resultaron distinguidos Luz Pozo Garza na categoría de Letras; a Fundación Granell en Artes Plásticas; a Asociación Abrente-Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia nas Artes Escénicas; o Castro de Viladonga en Patrimonio Cultural; o Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires en Proxección Exterior; Juan Durán en Música; Bambú Producciones na modalidade Audiovisual e a Asociación PuntoGal na categoría de Lingua, categoría que se incorporou este ano por vez primeira
O conselleiro de Cultura e Educación presidiu a sesión do xurado, conformado por representantes da Xunta de Galicia, do Consello da Cultura Galega, das tres universidades galegas, da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Belas Artes, así como por catro profesionais de prestixio no ámbito cultural.
Estes galardóns, convocados pola Xunta de Galicia, recoñecen o traballo de persoas e institucións nos distintos ámbitos da creación, conservación e difusión da cultura galega
Ver articulo competo haciendo Click Aqui