Visita da Sra. ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións do Goberno de España

Visitounos a Sra. Elma Saiz Delgado, ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións do Goberno de España, quen mantivo un enriquecedor encontro co alumnado do nivel Secundario.
Nun ambiente de diálogo distendido, a alta mandataria española conversou cos estudantes e nunha mensaxe alentadora animounos a continuar os seus estudos con ilusión e dedicación, resaltando a importancia da formación para o seu futuro.
Como testemuño da súa visita, a ministra asinou o libro de visitas institucional e as alumnas Mailén Paoliello e Regina Dato Pereira fixéronlle entrega dun modesto presente en sinal de agradecemento.
Ver video aquí