Convivencias 2025

Durante os meses de maio e xuño, os cursos de 7.° grao do nivel Primario e os correspondentes do nivel Secundario participaron das xornadas de convivencia no campo do Centro Galicia, en Olivos.
Estas experiencias, organizadas polos/as titores/as e o Equipo de Orientación Escolar, tiveron como obxectivo fortalecer os vínculos entre pares, xerar espazos de escoita activa e fomentar unha mellor convivencia dentro da aula.
Houbo momentos de encontro, reflexión, traballo grupal e tamén tempo libre para compartir de maneira máis distendida. Ademais, realizáronse as votacións do Consello Escolar de Convivencia, promovendo a participación democrática dos e das estudantes.
Grazas a todos os que formaron parte destes encontros tan valiosos para a vida escolar!
VIDEO AQUÍ