O escritor e editor Marcos Calveiro comparte a súa visión literaria no Instituto Santiago Apóstolo

20250430_113406

O alumnado do nivel Secundario do noso centro educativo tivo onte, martes 30 de abril, a oportunidade de penetrarse no universo literario da man de Marcos Calveiro, actual director de Edicións da Editorial Galaxia.

Despois das palabras de benvida pronunciadas polo alumno Fabrizio Campodonico, o recoñecido e premiado escritor impartiu a conferencia titulada “Mares distantes, literatura de ida e volta”, unha charla que cativou aos mozos e mozas. Durante a súa intervención, explorou as motivacións que impulsan o seu proceso creativo, compartiu detalles sobre a súa metodoloxía de traballo e ofreceu unha perspectiva sobre o seu labor como editor nun dos selos editoriais máis importantes de Galicia.

Ao longo do percorrido que realizou polas nosas instalacións acompañado por Cristina Rubal González, subdirectora xeral de Bibliotecas e do Libro da Xunta de Galicia, e por Alba Gil, responsable de dereitos de autor da Editorial Galaxia –casa editora que celebra o seu 75.º aniversario este 2025– saudou a alumnos e profesores e puido apreciar de cerca dúas obras de gran valor cultural albergadas no Centro Galicia: o mural “Campesiños mallando” de Luís Seoane e o cadro “A derradeira leición do mestre” de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Posteriormente, mantivo un encontro co equipo directivo do instituto, momento no que coñeceu en detalle os proxectos educativos que se desenvolven actualmente e as iniciativas futuras do centro.

Como peche dunha xornada enriquecedora, Marcos Calveiro deixou a súa sinatura no libro de visitas da institución.

Galería de fotos