Encontro con Luís Pasín
Logo de leren o libro “Pasín, memoria dunha resistencia”, que foi editado pola Editorial Alvarellos, na mañá de onte o alumnado de 5.º de Bacharelato acompañado dos mozos e mozas de 2.º curso mantivo un encontro a distancia co protagonista do relato, Luís Pasín, quen tivo a xentileza de achegarse a Santiago de Compostela para realizar esta actividade e a quen agradecemos fondamente a súa xenerosidade.
Do mesmo xeito, vaian estas liñas para trasladar a nosa gratitude a José Luis Estévez, autor da obra, e a Quique Alvarellos, editor, polas atencións que sempre dispensan ao noso centro educativo.
Desta experiencia teñen información detallada nos xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia.