Novedades
-
Mércores 11 de Decembro
XOGOS 2024!
Celebramos a unión, o deporte e a diversidade de Galicia nunha xornada chea de enerxía, espírito de equipo e competencia sa. En nome das provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, os nosos estudantes deron o mellor de si en cada partido e actividade. Xogos, valores e amizade son os piares destes encontros únicos, onde cada paso é unha mostra de talento, esforzo e traballo en equipo. A vitoria é compartir este momento xuntos! VER VIDEO AQUÍ
-
Martes 10 de Decembro
Fillas de Cassandra, Premio Rosa dos Ventos 2024
Concedido anualmente polo alumnado do 5.º curso de bacharelato do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires O grupo musical Fillas de Cassandra foi galardoado neste 2024 co premio Rosa dos Ventos que cada ano concede o Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo de Bos Aires. Os alumnos e alumnas de 5.º curso de bacharelato recoñecen con esta distinción “a dignificación da cultura tradicional galega dende unha aposta moderna e atractiva para as novas xeracións, mais fiel á raizame que a creou”. Os mozos e mozas resaltaron que “nos tempos que corren cómpre enxalzar e dar a coñecer o patrimonio cultural material e inmaterial dos pobos para que non esmoreza no esquecemento”. Por outro lado, consideran de suma importancia “aprender dos devanceiros, escoitar as súas ensinanzas e facelas propias para transitar o presente e construír futuro, sempre sen esquecer nin deturpar a realidade de cada cultura”. Na carta que lles escribiron a Sara e a María, os rapaces e rapazas deixaron constancia do seu compromiso co patrimonio material e inmaterial galego: “Consideramos que enxalzar a cultura galega dentro e fóra das fronteiras administrativas de Galicia non é máis que unha demostración vizosa de que non existen acervos mellores ou peores”. Asemade, resaltaron que….
-
Venres 8 de Novembro
Articulación co Primaria
As salas de 5 anos comezaron a articular co nivel Primario. Realizaron varias actividades coas docentes de primeiro grao, percorreron os diferentes espazos do colexio onde o ano que vén traballarán xunto aos seus profesores. Visitaron a biblioteca, o laboratorio, a sala de informática, o taller de arte, o salón de robótica, entre outros. Así se preparan para o inicio de unha nova etapa! VIDEO AQUÍ
-
Venres 1 de Novembro
Celebrando Samain
Esta festa de orixe celta é toda unha tradición en Galicia que se festexa con cabazas, disfraces de bruxas e cacharelas. É un dos eventos máis esperados na noite do 31 de outubro. Así o traballaron as salas de 5 anos xunto aos seus docentes e profesores. Parabéns familias! VIDEO AQUÍ
-
Mércores 11 de Decembro
Exames Cambridge
Algúns estudantes do noso colexio renderon exames Cambridge como peche dun ano de traballo e compromiso. Alumnos de 3.° e 5.° grao presentáronse a render Pre-A1 STARTERS e A1 MOVERS. Os de 7° grao fixeron o propio co A2 Key e os de secundaria renderon B1 Preliminary e B2 First. Independentemente dos resultados (que esperamos ansiosos), este foi un desafío e unha gran experiencia para eles. Estamos moi orgullosos! Parabéns! — Cambridge exams Some students from our school sat for Cambridge examinations as a closure of their year of work and commitment. 3rd and 5th graders presented themselves to Pre-A1 STARTERS and A1 MOVERS, 7th graders did the same with A2 KEY, and secondary school pupils sat for B1 Preliminary and B2 First. No matter the results (which we are eagerly waiting for), this was a challenge and a great experience for them. We are really proud! Congrats!
-
Xoves 5 de Decembro
Mostra do Obradoiro de Bailes Tradicionais de Galicia
O pasado venres, 29 de novembro, desenvolveuse a mostra do Obradoiro de Bailes Tradicionais de Galicia que coordina a profesora Ana Vardaro. Estudantes dos niveis Primario e Secundario do noso colexio deleitáronnos cun marabilloso espectáculo que puxo en valor unha parte do rico patrimonio material e inmaterial de Galicia. Entre os bailes e cancións interpretados destacaron: Mix Tanxugueiras, Muiñeira do Son, Jota de Picato, Varre Vasoira, Muiñeira Os Gorechos, na Romería, No Baile, Midas, Muiñeira de Riamonte, Paso Doble Cantado (A Saia de Carolina), Muiñeira de Interior , Muiñeira de Silvela. Felicitamos á profesora Ana e a todos os estudantes por este espectacular show que nos encheu de música, alegría e tradición! Video 1 – Video 2 – Video 3 Video 4 – Video 5 – Video 6 – Video 7
-
Mércores 11 de Decembro
Exames Cambridge
Algúns estudantes do noso colexio renderon exames Cambridge como peche dun ano de traballo e compromiso. Alumnos de 3.° e 5.° grao presentáronse a render Pre-A1 STARTERS e A1 MOVERS. Os de 7° grao fixeron o propio co A2 Key e os de secundaria renderon B1 Preliminary e B2 First. Independentemente dos resultados (que esperamos ansiosos), este foi un desafío e unha gran experiencia para eles. Estamos moi orgullosos! Parabéns! — Cambridge exams Some students from our school sat for Cambridge examinations as a closure of their year of work and commitment. 3rd and 5th graders presented themselves to Pre-A1 STARTERS and A1 MOVERS, 7th graders did the same with A2 KEY, and secondary school pupils sat for B1 Preliminary and B2 First. No matter the results (which we are eagerly waiting for), this was a challenge and a great experience for them. We are really proud! Congrats!
-
Luns 9 de Decembro
O delegado da Xunta de Galicia en Arxentina presidiu a entrega de diplomas aos alumnos e alumnas de 5° curso de Bacharelato
O pasado mércores, 4 de decembro, o señor delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires, don Alejandro López Dobarro, presidiu a cerimonia de entrega dos diplomas que acreditan a finalización dos estudos secundarios da 16.ª promoción do Instituto Santiago Apóstolo. O acto, conducido por Catalina Álvarez e Santiago García, alumnos de 4.º curso do nivel medio, contou coa presenza do presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, don José María Vila Alén; da secretaria da Delegación arxentina da Fundación Galicia América, dona Alicia García de la Fuente; do delegado de Cultura da Fundación Galicia América, don Fernando López Pereira e de directivos da institución, profesorado e familias. Despois de entoar as letras dos himnos arxentino e galego e escoitar o himno de España, os presentadores describiron unha das ideas que fundamentan o quefacer diario do noso instituto “Tecer fíos entre as dúas beiras do Océano Atlántico crendo nunha Galicia ampla, sen marcos físicos que a empobrezan é un obxectivo fundamental neste colexio que nos acolle. Traballamos, en fin, abrindo a xanela ao mundo con espírito de concordia, crendo na diversidade que nos enriquece e apostando por un xeito dinámico de entender o ser arxentino e o ser galego”. Posteriormente,….