Comezo do ciclo lectivo 2024

1

Hoxe pola mañá principiamos as clases no noso centro educativo co desenvolvemento de dous actos institucionais de benvida.

Logo da interpretación dos 3 himnos do noso colexio, a licenciada Julieta D´Angiolillo, directora dos niveis Inicial e Primario, agradeceu a confianza que as familias depositan no noso quefacer cotián e deixou constancia da “oportunidade de renovar as nosas esperanzas e aspiracións, de forxar novos lazos e trazar novos camiños en pos do coñecemento e crecemento persoal”. Asemade, fixo fincapé na importancia de “pensar estratexias pedagóxicas que involucren activamente aos estudantes no seu propio proceso de aprendizaxe” e afirmou: “Queremos que sexan protagonistas da súa educación, que se sintan motivados e responsables do seu propio crecemento intelectual e persoal”.

Un pouco máis tarde, comezaron a actividade lectiva os nenos e nenas de 4 e 5 anos e os 2 grupos de primeiro grao de Primaria. A coordinadora do nivel Inicial, profesora Daniela Maldonado, saudounos trasladando a súa alegría polo entusiasmo que se palpaba no salón e animou a toda a comunidade educativa a xerar aprendizaxe nun ambiente san e confortable.

Logo destas palabras, os estudantes encamiñaronse ás aulas acompañados das súas docentes e, nesta ocasión especial, tamén dos seus familiares.

Pola súa parte, Julieta D´Angiolillo, citando a Paulo Freire, salientou que “a educación non cambia o mundo; cambia as persoas que van cambiar o mundo” e subliñou que “educar non é só transmitir coñecementos, senón tamén empoderar aos estudantes para que sexan axentes de cambio das súas propias vidas na sociedade na que viven”.

Complementando a atmosfera de ledicia notoria, a docente de Música, Rocío Dubuisson, interpretou varios temas musicais que foron acompañados polas entusiastas voces do alumnado.

Logo do izamento da bandeira arxentina que estivo a cargo dunha representación de nenos e familias xunto a don Manuel Peleteiro Pérez, representante legal do instituto, desenvolvéronse varias actividades lúdicas que prologaron o camiño cara ás aulas dos máis pequenos.

Galería de fotos