Manel Loreiro no Santiago Apóstol
Hoxe, Manel Loureiro, acompañado de José Luís Maestro Castiñeiras, xefe de servizo do Libro, Publicacións e Depósito Legal da Xunta de Galicia, comparte ideas creativas co alumnado de 4.º e 5.º de Bacharelato do noso instituto.
Na interesante conferencia titulada “Como escribir un libro e non morrer no intento”, o recoñecido autor galego estalles achegando aos mozos e ás mozas a súa maneira de entender a literatura e as motivacións que o levaron a converterse nun referente a nivel mundial.
Cómpre lembrar que Manel é un dos poucos autores españois contemporáneos que conseguiu situar as súas novelas na listaxe das máis vendidas en Estados Unidos.
Grazas por estares connosco!