A eurodeputada galega Ana Miranda Paz visitou o noso colexio

Imagen de WhatsApp 2024-03-22 a las 12.52.58_1516e823

Aproveitando unha viaxe de traballo a esta cidade, a eurodeputada Ana Miranda Paz visitou o noso colexio e mantivo unha xuntanza coa Delegación arxentina da Fundación Galicia América.

Nesta reunión coñeceu de primeira man, entre outros aspectos, os proxectos e as novas dinámicas de traballo que está deseñando o noso instituto. Ademais, a representante galega na Unión Europea entregou para a biblioteca do Santiago Apóstolo o libro “Golpes de luz”, obra de Ledicia Costas, autora referente da literatura galega actual a quen aprezamos moito dende aquel fermoso encontro que desenvolveu co noso alumnado no ano 2016.

Galería de fotos