Secundaria inicia o curso

5

O alumnado de Secundaria do noso instituto empezou o ciclo lectivo 2024.

Antes do acto formal, que estivo conducido pola licenciada Lucía López, secretaria do nivel académico, os mozos e as mozas de 5.º ano, quen concluía a súa celebración do
xa tradicional UPD (Último primeiro día), colmaron o ambiente de alegría e entusiasmo.

Posteriormente, ingresaron as bandeiras de cerimonia, interpretáronse os himnos de Arxentina, España e Galicia e a licenciada Ángeles Sananez, reitora do nivel secundario do noso instituto, enunciou unhas palabras dirixidas a estudantes e familias.

A reitora iniciou a súa alocución reflexionando sobre o sentido actual da escola: “Nesta institución consideramos que é fundamental recoñecer que a educación vai máis aló da mera transmisión de coñecementos. É un proceso de construción de habilidades, valores e actitudes que nos prepara para enfrontar os desafíos do mundo actual. Neste contexto, a idea de ´aprender a aprender´ cobra especial relevancia”. Citando a Alvin Toffler, engadiu: “O analfabeto do futuro non será a persoa que non poida ler, senón a persoa que non saiba como aprender”.

Ángeles Sananez quixo tamén reforzar a transcendencia de preparar a cidadáns críticos e recoñecer a importancia de formar un consumo dixital consciente diante dos avances
da intelixencia artificial. “Cada vez máis, enfrontámonos á dificultade de diferenciar o real do artificial e é responsabilidade da escola brindar aos estudantes as habilidades necesarias para navegar este mundo complexo e en constante cambio”, dixo.

Nestes momentos, todos os niveis educativos do noso colexio están en funcionamento e máis de 500 nenos, nenas e adolescentes aprenden no Instituto Santiago Apóstolo, nunha contorna agradable e con metodoloxías pedagóxicas acordes cos novos tempos que vivimos.

Galería de fotos