Maio rematou celebrando as Letras Galegas

20240531_144111

Rematou maio e, como non podía ser doutra forma, acabámolo celebrando as nosas letras.

O venres 31, o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou unha xornada na que o alumnado do 2.º ciclo de Primaria decidiu o que quería compartirlle aos compañeiros e compañeiras entre toda a diversidade de propostas que estiveron traballando nas aulas. Foi unha xornada diferente, na que nos sentimos en Galicia.

Houbo moitas cancións, contos… e tivemos tempo para recordar a Rosalía de Castro e a Luísa Villalta, grandes protagonistas das Letras Galegas. Mesmo nos chegaron novidades delas a través do “Xornal Galego” inventado polo alumnado de 5.º!.

Estivemos no camerino de María Casares e viaxamos ao Museo de Galegas Villalta-Asorey con contos, acrósticos, cadros e esculturas que nos achegaron a mulleres galegas universais. Asemade, lemos poemas e xogamos un pouco, que é o que máis nos gusta, grazas ao alumnado de 6.º B.

E aínda nos sobrou tempo para que os maiores nos compartisen as súas propias coplas dos maios!. Como nos cantou o grupo de 6.º A: Sempre EN GALEGO!

Galería de fotos