Visita de Luísa Ortigosa e Santiago Luna

Hoxe pola mañá visitounos o escritor Santiago Luna Lupo, quen xentilmente se achegou á nosa escola para narrar o conto da súa autoría “O oso bomozo”.
Durante o encontro co alumnado de primeiro grao do nivel Primario e as salas de 4 e 5 anos, o autor dialogou cos nenos e as nenas nunha atmosfera de alegría e aprendizaxe.
Acompañando a Santiago estivo presente tamén Luísa Ortigosa, responsable da editorial galega Bululú empresa que editou a fermosa obra. Luísa aproveitou a súa estadía para interiorizarse dos traballos que desenvolvemos e mostrouse compracida ao coñecer os múltiples proxectos que levamos adiante.
Grazas pola vosa deferencia!