Novedades

Mércores 15 de Novembro

Día da tradición na Sala de 2

O luns, 13 de novembro, as salas de 2 anos celebraron o “Día da Tradición” xunto ás súas familias. Foi un fermoso encontro onde se expuxo o traballo realizado sobre o artista Florencio Molina Campos, debuxante e pintor arxentino. Despois, convidáronnos a xogar no campo e finalizamos bailando unha “chacarera”. Parabéns! VER VIDEO AQUÍ

Domingo 3 de Decembro

XABIER DÍAZ, Premio Rosa dos Ventos 2023

O músico e compositor Xabier Díaz é a persoa galardoada neste 2023 co premio Rosa dos Ventos que cada ano concede o Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo de Bos Aires. Os alumnos e alumnas de 5.º curso de bacharelato recoñecen con esta distinción “o traballo que Xabier desenvolve para pór en valor o patrimonio cultural de Galicia a través da súa música e do baile tradicional” e destacan que “neste presente sen fronteiras no que vivimos cómpre defender cada unha das realidades culturais do planeta e, dentro delas, a galega ocupa espazos de honra grazas a persoas como Xabier, que non só a espalla polo mundo adiante, senón que a dignifica grazas ao seu bo quefacer”. Por outro lado, consideran de suma importancia “aprender dos devanceiros, escoitar as súas ensinanzas e facelas propias para transitar o presente e construír futuro, sempre sen esquecer nin deturpar a realidade de cada cultura”. Por isto, a faceta investigadora do artista foi destacada polo alumnado: “Xabier é un exemplo que debemos seguir, pois compón música contemporánea afincada na raizame popular e, nisto, os seus traballos de campo son alicerce fundamental”. Na carta que lle escribiron, os mozos e mozas non esqueceron a xenerosidade e….

Venres 1 de Decembro

Campamento de 2° e 3° de primaria

Os nenos e nenas de 2.º e 3.º grao do nivel primario gozaron dunha fermosa xornada en Ezeiza acompañados polos seus docentes. Video aquí

Luns 13 de Novembro

Feira de Ciencias

O xoves, 9 de novembro, o alumnado de 2.º, 3.eiro e 5.º curso do nivel secundario organizou unha Feira de Ciencias na que presentaron perante os seus compañeiros e compañeiras do nivel distintos experimentos como pequena mostra do excelente traballo realizado durante todo o ciclo lectivo. Felicitamos aos mozos e mozas pola súa desempeño e, asemade, a Solange Nuñez, responsable da materia de Química; María José Jimenez, profesora de Físico-Química e Marina Arrighi, docente de Bioloxía, por todo o esforzo diario e pola propia organización do encontro.

Luns 26 de Novembro

Luar na Lubre no Santiago Apóstol

Bieito Romero e Patxi Bermúdez, integrantes do grupo Luar na Lubre, visitaron o noso colexio na mañá de hoxe. Logo do fantástico concerto ofrecido no día de onte na Usina del Arte e grazas ás xestións desenvolvidas polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, o líder e fundador da excelsa agrupación folk galega dialogou co alumnado maior da institución que o agardaba expectante. Asemade, recibiu o agarimo de todos os mozos e mozas que lle interpretaron un ensamble musical dirixido pola profesora Julia Faletty baseado en temas do seu propio grupo. Ademais do anterior, Bieito e Patxi mantiveron un encontro cos membros da Delegación arxentina da Fundación Galicia América no que coñeceron a realidade institucional e interiorizáronse do traballo que o centro educativo leva adiante. Antes de marchar para Uruguai, onde teñen programado outro concerto, asinaron o libro de ouro institucional. MÁIS FOTOS AQUÍ