Novedades

Xoves 7 de Setembro

Proxecto Melquíades: experimentos

“Tolemias magnéticas”. Os alumnos e as alumnas das salas de 5 anos participaron dun obradoiro interactivo onde os nenos e as nenas foron os protagonistas. Realizaron experiencias con circuítos eléctricos a pilas e imáns especialmente deseñados para a experimentación. Proporcionóuselle a cada neno/a diferentes materiais e ofrecéuselles xogos para que descubran deste xeito as propiedades electromagnéticas da materia. Fermosa experiencia!.

Luns 21 de Agosto

DÍA DA GALICIA MÁRTIR

O pasado 17 de agosto –Día da Galicia Mártir– don Arturo Pérez Domínguez, tesoureiro e delegado de Educación do Padroado da Fundación Galicia América, representou ao Instituto Santiago Apóstolo no acto de homenaxe a Alexandre Bóveda, que –conmemorando o 120.º aniversario do seu nacemento– se desenvolveu na Capela do Camposanto de San Amaro (Pontevedra). Dada a importancia da data, compartimos un fragmento da súa intervención. VIDEO AQUÍ

Martes 4 de Xullo

Encontro deportivo

O alumnado de 5.º curso de primaria recibiu ao Colexio Cardenal Copello co obxectivo de desenvolver un encontro deportivo e recreativo. Parabéns a todos os mozos e mozas pola súa participación e entusiasmo. Video aquí

Luns 25 de Setembro

Museo Ana Frank Argentina

O pasado luns, 18 de setembro, os e as estudantes de terceiro curso de bacharelato visitaron o Museo de Ana Frank Arxentina para Latinoamérica. Durante o percorrido, o alumnado puido coñecer a recreación escenográfica do Anexo Secreto, lugar no que Ana Frank se escondeu xunto a outras 7 persoas. Asemade, os mozos e mozas presenciaron a obra de teatro “A xanela da árbore e Ana Frank”.

Luns 26 de Novembro

Luar na Lubre no Santiago Apóstol

Bieito Romero e Patxi Bermúdez, integrantes do grupo Luar na Lubre, visitaron o noso colexio na mañá de hoxe. Logo do fantástico concerto ofrecido no día de onte na Usina del Arte e grazas ás xestións desenvolvidas polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, o líder e fundador da excelsa agrupación folk galega dialogou co alumnado maior da institución que o agardaba expectante. Asemade, recibiu o agarimo de todos os mozos e mozas que lle interpretaron un ensamble musical dirixido pola profesora Julia Faletty baseado en temas do seu propio grupo. Ademais do anterior, Bieito e Patxi mantiveron un encontro cos membros da Delegación arxentina da Fundación Galicia América no que coñeceron a realidade institucional e interiorizáronse do traballo que o centro educativo leva adiante. Antes de marchar para Uruguai, onde teñen programado outro concerto, asinaron o libro de ouro institucional. MÁIS FOTOS AQUÍ