“O CERN, entendendo a importancia dun dos maiores laboratorios científicos do mundo”.

xabier3

Xabier Cid Vidal.

Nos últimos anos o CERN, o laboratorio de física de partículas máis importante do mundo, tense convertido en protagonista de moitas novas, sobre todo, relacionadas co Gran Colisor de Hadróns (LHC), o maior acelerador de partículas da historia. Grazas Xabier pola charla!.

“Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo” é un ciclo de charlas divulgativas online organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías IGFAE da Universidade USC para a comunidade galegofalante internacional.

Este ciclo conta co apoio, a participación e difusión do noso Instituto.

Accede a través da canle de YouTube do IGFAE ou conecta con esta charla e mira as charlas anteriores en bit-ly/universoperegrino11xuño

Info completa: igfae.usc.es

Galería de fotos