28-5. 11 hs. Cuarta charla do ciclo “Universo peregrino: ciencia galega cara ao mundo”

2

“Do corazón da materia ao interior das estrelas” por Héctor Álvarez Pol.

Xa sabedes que somos po de estrelas, que estamos feitos dos elementos cociñados no seu interior.

Pero, ¿sabiades que as técnicas para entender os núcleos atómicos serven para diagnosticar e curar enfermidades?…

“Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo” é un ciclo de charlas divulgativas online organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela para a comunidade galegofalante internacional.

Este ciclo conta co apoio, a participación e difusión do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol.
Todos os xoves de maio e xuño de 2020, ás 16:00 (hora de Madrid), o persoal investigador do IGFAE dará unha charla sobre distintos temas de física que poden seguirse online na plataforma Microsoft Teams.

Info completa: www.igfae.usc.es

Galería de fotos