21/5, 11 hs Terceira charla do ciclo “Universo peregrino: ciencia galega cara ao mundo”
Conferencia dictada pola científica galega Ana Garbayo.
O xoves 21 de maio ás 16:00 (hora de Madrid) a investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, Ana Garbayo, realizou a terceira charla do ciclo titulada “Historia da Gravidade”.
O ciclo “Universo peregrino: ciencia galega cara ao mundo” é un ciclo de charlas divulgativas online organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela para a comunidade galego hablante internacional.
En momentos de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago, a cidade Xacobea é a que reconstrúe as pontes e emprende o peregrinaje cara ao mundo.
Este ciclo conta co apoio, a participación e difusión do Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo.
Todos os xoves de maio e xuño de 2020, ás 16:00 (hora de Madrid), o persoal investigador do IGFAE dará unha charla sobre distintos temas de física que poden seguirse online na plataforma Microsoft Teams.
Podes seguila en directo a través da canle de YouTube do IGFAE.