Novedades

Mércores 23 de Abril

Proxecto: Venres Temáticos

Venres de tolemia e cor en Inicial e Primario! O noso proxecto de “Venres Temáticos” explotou con peiteados e accesorios súper creativos. A escola vibrou con diversión, baile, espírito de equipo e moitísima imaxinación! Un agradecemento especial ás familias, alumnos e alumnas que demostraron unha gran empatía e colaboración, axudando a quen o necesitaba. Xa estamos ansiosos polo próximo desafío temático en maio! Que ideas se lles ocorren para o próximo #VenresTemático? VIDEO AQUÍ

Sábado 26 de Abril

O Instituto Santiago Apóstolo recibe ao senador español César Mogo Zaro para reforzar vínculos educativos e culturais

O Instituto Santiago Apóstolo tivo a honra de recibir o pasado xoves, día 24, a visita do senador por Lugo e voceiro do Grupo Parlamentario Socialista na Comisión de Asuntos Exteriores do Senado de España, D. César Alejandro Mogo Zaro, quen estivo acompañado polo conselleiro de Educación da Embaixada de España, don Juan Cruz Aragoneses Bernardos. Despois dunha cálida benvida por parte das autoridades do instituto, o senador realizou un percorrido polas instalacións da nosa escola e visitou algunhas aulas dos niveis Inicial e Primario, lugares nos que o lexislador español saudou e interactuou animadamente cos alumnos e as alumnas máis novos. Asemade, as directoras do noso colexio expuxéronlle as características pedagóxicas e o ideario da institución. Un dos momentos centrais da visita foi o encontro co alumnado do nivel Secundario. Neste marco, a alumna Amyra Rojas Vera dirixiu unhas palabras de benvida ao senador en nome dos seus compañeiros e compañeiras. No seu discurso, destacou a compracencia pola visita, o sentimento de pertenza a Galicia e España e o traballo que o alumnado desenvolve a diario construíndo o seu futuro en harmonía e liberdade. “Somos un alicerce activo e co noso estudo e preparación levamos agora e levaremos, nos….

Venres 11 de Abril

Entrega de Certificados de Cambridge 

O alumnado dos niveis Primario e Secundario recibiron os diplomas que acreditan que renderon os exames de Cambridge durante o ano pasado! Parabéns a todos e todas polo compromiso e excelente desempeño mostrado!   — Cambridge certificates award Students from primary and secondary school received their Young learners, B1 and B2 certificates from last year. Congratulations to all of them on their commitment and excellent performance! VIDEO AQUÍ

Xoves 10 de Abril

As Malvinas foron, son e serán sempre arxentinas

O martes, 1 de abril, realizouse na escola o acto en conmemoración do Día do Veterano e dos Caídos na Guerra de Malvinas. O acto estivo a cargo do alumnado de 3.eiro curso do nivel Secundario, quen, coordinado polo preceptor Santiago Hellers y axudado polos profesores Germán Cantarella, Alejandra Lorenzo e Lucas Carosella, traballou e reflexionou fondamente acerca da temática. Parte desta preparación desenvolveuse no Polo Creativo do colexio, un espazo onde puideron explorar diferentes linguaxes expresivas e ferramentas tecnolóxicas para enriquecer as súas producións. Durante o acto compartíronse distintos momentos de reflexión sobre o rol dos heroes de Malvinas mediante poemas, lecturas, vídeos, representacións escénicas e cancións. Unha xornada emotiva e significativa para seguir lembrando e honrando a memoria de quen defendeu a nosa soberanía. VIDEO AQUÍ

Venres 20 de Setembro

FEIRA DO LIBRO 2024

Grazas a quen fixo posible a nosa feira do libro! Foi un evento máxico cheo de historias e creatividade. Gozamos explorando novos mundos, compartindo con escritores, narradoras e actividades literarias. Cal é o teu libro favorito? Agardamos os seus comentarios!