Xan Leira visita el colegio

Coincidindo coa estrea da súa película Exilios, Xan Leira estivo na nosa escola para falar con nós acerca da figura de Xesús Lorenzo Varela e agasallarnos cun documental sobre a vida do insigne poeta.
Exilios estivo nominada nos premios Mestre Mateo na categoría de mellor longametraxe documental. Nela o percorrido vital de Lorenzo Varela –marcado por un constante ir e vir de derrota en derrota– constitúe o guieiro da narración. Unha intensa biografía loitando en prol da liberdade que, xunto coa reconstrucción do contexto histórico no que viviu, se converte no reflexo da vida dos milleiros de galegos e galegas que durante o século XX –primeiro pola emigración e despois polo exilio tras a guerra civil– houberon de abandonar a súa terra. Viviron o desarraigo e o esquecemento; por iso, ao tempo que recuperamos a figura de Lorenzo Varela, homenaxeamos a todos aqueles que a historia obrigou a vivir lonxe de Galicia.