Visita de Xabier Díaz

79297648_2633419850060226_7851497587738673152_o

Recibimos hoxe a visita no noso centro educativo do prestixioso músico Xabier Díaz, quen nestes días está desenvolvendo unha serie de concertos e clases maxistrais na Arxentina.

Acompañado por Gutier Álvarez e Javier Álvarez, percorreu o colexio, saudou aos nenos e nenas do nivel inicial e mantivo un encontro co alumnado do nivel secundario no que achegou as súas liñas mestras de traballo e o labor de investigación que leva adiante para recuperar o xeito de tocar dos nosos devanceiros e devanceiras e reinterpretalo dunha maneira contemporánea.

Na charla, na que estiveron acompañados pola xornalista Tati Moyano, os artistas explicaron o funcionamento dos instrumentos que interpretan e achegaron as súas particularidades. Deste xeito, a zanfona e o acordeón diatónico soaron xunto á pandeireta e ao pandeiro perante os mozos e mozas que agardaban con impaciencia este encontro.

Logo da quenda de preguntas, para despedir a conferencia, un grupo rapaces e rapazas acompañou aos artistas mentres interpretaban o “Baile de Noró”.

A sinatura no libro de visitas institucional pechou esta mañá de fonda aprendizaxe.

 

+ Fotos aquí

 

Galería de fotos