Visita de María Rosa Lojo
O pasado mércores, 10 de novembro, visitounos María Rosa Lojo, investigadora no campo das letras e autora dunha prolífica obra de ficción, entre cuxos títulos se atopan: “La princesa federal” (1998), “Una mujer de fin de siglo” (1999), “Las libres del Sur” (2004), “Finisterre” (2005), “Árbol de familia” (2010), “Todos éramos hijos” (2014), e varios libros de contos. O seu último título publicado é “Así los trata la muerte. Voces desde el cementerio de la Recoleta” (2021).
No marco das clases de Lingua e literatura castelá, coordinado polo profesor Mauro Alfonso, o alumnado de cuarto de bacharelato leu e analizou “Solo queda saltar” (2018), novela que recrea a historia de Celia e Isolina, dúas mozas inmigrantes galegas que desembarcaron a mediados do século XX nunha Arxentina chea de promesas.
Durante o encontro, proxectouse un pequeno informe documental, realizado polos estudantes, sobre as vicisitudes de quen deixou atrás as súas terras para probar sorte no noso país, o cal incluíu a reconstrución de varias historias familiares da nosa comunidade.
Na charla posterior, María Rosa Lojo se afondou sobre os seus hábitos de lectura, os seus inicios no ámbito literario, o oficio de escribir e a súa relación con Galicia e as súas tradicións, entre outros temas.
A escritora mostrouse agradecida pola invitación e xenerosamente asinou os exemplares dos seus lectores.