Visita de Alba Cid

Na mañá de hoxe, grazas á Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, o alumnado maior do noso centro educativo tivo a oportunidade de compartir uns momentos coa poeta Alba Cid, Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova Miguel Hernández que concede o Ministerio de Cultura do Goberno de España, quen veu acompañada por Cristina Rubal González, subdirectora de Bibliotecas e do Libro do Goberno de Galicia.

Durante a súa alocución, explicoulles aos mozos e mozas as referencias que motivan a súa escrita e alentounos/as a que exploren novas vías de comunicación para descubrírense persoalmente e poder soñar inéditas realidades. Asemade, respondeu as numerosas e interesantes preguntas que a rapazada lle formulou.

Máis aló do anterior, previamente, xunto á señora Rubal González, mantivo un encontro co presidente e tesoureiro da Delegación arxentina da Fundación Galicia América, Manuel Peleteiro Pérez e Arturo Pérez Domínguez, respectivamente.

Grazas, Alba pola túa xenerosidade connosco.

Galería de fotos