VENRES 5. Galicia na Feira Internacional do Libro de Bos Aires
Co gallo da celebración na nosa cidade da Feira Internacional do Libro, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia realizará diferentes actividades que contarán con prestixiosos/as intelectuais galegos/as.
Por outro lado, comprácenos anunciar que mañá venres, día 5 deste mes, ás 18.30 horas, no posto número 1601 que o Goberno Galego ten no pavillón amarelo do predio da Rural, 3 mozos e 2 rapazas de 5.º curso de bacharelato desenvolverán unha presentación na que percorrerán diferentes etapas da poesía galega dende a Idade Media ata a actualidade.
Asemade, o alumnado dialogará co público asistente explicando características dos textos.
Agradecemos á Xunta de Galicia o acompañamento constante que ten co Instituto Santiago Apóstolo.