SEMANA DA MATEMÁTICA NA UBA

01- GRUPAL (1)

O alumnado de 4.º e 5.º curso do nivel secundario, acompañado polas profesoras Bibiana Rodríguez e Carolina Bruno, participou da Semana da Matemática no Pavillón II da Cidade Universitaria da Facultade de Ciencias Exactas e Naturais da Universidade de Buenos Aires (UBA), no marco do Proxecto das Semanas da Ciencias.

Durante a visita, os mozos e mozas asistiron na Aula Magna á charla “Matemática en Wall Street”, na que se expuxeron os diferentes roles que pode ocupar un matemático no mundo das finanzas e concorreron a un obradoiro de Arte Matemática, no que o alumnado –grazas a softwares interactivos– creou as súas propias obras e apreciou os conceptos fractais e a xeometría do espazo empregando o programa interactivo SURFER para a conexión entre álxebra e xeometría e o programa BRITNEY destinado a realizar fractais interactivos. Asemade, mediante diferentes xogos matemáticos, os visitantes puideron pór en práctica ideas, conceptos e teoría de xeito entretido, e grazas a vídeos e pósteres visualizaron conceptos e aplicacións da matemática en problemas concretos da vida diaria.

Galería de fotos