Noite dos museos

75362380_3028421590716609_2729755083033018368_n

O pasado sábado, día 2 de novembro, a Comisión de Cultura do #Centro Galicia participou activamente na encomiable iniciativa.
Luca Posatini Sáez, alumno de 2.º curso do nivel secundario do noso Instituto concorreu ao Rincón Literario que coordinou a profesora Marta Villar para recitar o haiku co que gañou o 1.eiro premio do Concurso Nacional de Poesía Haiku 2018 que organizou a Fundación Jorge Luis Borges
Por outra parte, Lucía Romero Percivati Franco, exalumna do noso colexio e hoxe escritora e estudante de Dereito na Universidade de Bos Aires (UBA) deleitounos coa lectura do seu relato “Somos o que soñamos ser” publicado no libro “Galicia entre nosotros” que editou a Academia Argentina de Letras en 2016. Asemade, asinou un exemplar da obra.
Lucía e Luca compartiron mesa con Paula Ventimiglia, deseñadora gráfica, ilustradora e autora do libro “Morriña”.
Por outra banda proxectouse a curtametraxe “Dúas Letras” (Galicia, 2012). Guión: Fina Casalderrey (Premio Rosa Dos Ventos2018). Dirección: Eloy Varela.

Grazas á Editorial Galaxia que nos deu o permiso.