Primaria: Torneo de Atletismo en Olivos

6

O pasado 11 de maio –despois de dous anos nos que non puidemos realizar esta actividade por mor da pandemia que aínda nos abafa– desenvolvemos o torneo de Atletismo do 2.º ciclo de Primaria.

O alumnado de 4.º, 5.º, 6.º e 7.º curso do nivel primario participou neste encontro xunto cos colexios Asunción de la Virgen e San Francisco Javier / Sagrada Familia no Campo Galicia de Olivos.

Salto de lonxitude, lanzamento de peso, carreiras ao sprint, carreiras de resistencia e carreiras de relevos foron algunhas das disciplinas nas que competiron os mozos e mozas nun ambiente san e cooperativo.

Pechamos a xornada cun xantar compartido e coa entrega de premios que culminou un día de ledicia e compañeirismo.

Galería de fotos