Nivel Inicial. Comezo da campaña saudable “Día da froita 2018”

O nivel Inicial da nosa institución deu comezo á 3.eira campaña de alimentación saudable e bos hábitos alimenticios. A campaña “Día da froita 2018” procura que os pais e nais coloquen na vianda de cada neno e nena unha froita para a colación matinal dos venres. A froita, que deber enviarse dentro dun envase hermético que contemple o nome do alumno/a e sala, debe ser fresca, estar lavada e, nos casos que sexa mester, pelada e torada para o seu consumo. En 2016 e 2017 resultou un éxito total a incorporación na dieta dos pequenos e pequenas o consumo de froita fresca. Agardamos repetir os resultados durante este ano en beneficio do noso alumnado e dunha alimentación con opcións máis sas.

Galería de fotos