Encontro a distancia sobre Castelao
Hoxe pola mañá o noso instituto participou dun encontro no que participaron ademais o Instituto Félix Muriel de Rianxo (A Coruña) e o Instituto Mariano Moreno de Bernasconi (provincia da Pampa).
En representación do noso colexio, Malena Figueira Insaurralde, Luca Posatini Sáez, Lola Sánchez e Natalia Pulleiro Núñez expresaron no encontro o seu parecer acerca de diferentes temáticas que tiveron como eixe central a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Máis aló do alumnado presente, na conexión a distancia coordinada polo documentalista e cineasta Xan Leira, interviron o señor secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, don Valentín García Gómez, e Miguel Kittler e Adolfo Muíños, alcaldes de Bernasconi e Rianxo, respectivamente.
Agradecemos aos organizadores que desexasen contar coa nosa presenza en tan importante iniciativa.