Día de Galicia 2015

 

O pasado venres, día 17 de xullo, coincidindo co comezo das vacacións de inverno, festexamos no instituto o noso particular Día de Galicia.

Coma todos os anos por estas datas, todo o alumnado da institución, coordinado polos profesores Susana Ferré, Julia Faletty, Mary Patiño, Marta Villar, Macarena Fuentes, Sonia Fernández, Alejandra Lorenzo e Fernando Naval, participou activamente desta festa coa que pretendemos honrar a todos os devanceiros que imaxinaron esta vizosa realidade que hoxe é o Santiago Apóstol e a aqueloutras figuras que acompañan no presente desinteresadamente o noso discorrer.

Dende esta beira do Atlántico cremos nunha Galicia sen fronteiras, nun espírito colectivo que supera barreiras xeográficas e acrecenta a súa dimensión a partir das contribucións silandeiras e racionais. Deste xeito, a música, tradicional e moderna, circundou o noso curruncho galego en Bos Aires e espallou ledicia e mensaxe. As Cantigas medievais de Afonso X, temas de Roi Casal ou Luar na Lubre, bailes tradicionais e guitarra clásica introduciron a obra “Agromar” de Xosé F. Filgueira Valverde a quen quixemos honrar neste ano no que a súa figura foi enxalzada merecidamente pola Real Academia Galega no Día das Letras.

Pechou o acto a proxección dun vídeo composto a partir do poema “Saudade” de Francisco Luís Bernárdez e que foi proxectado un día despois na VII Festa da Palabra celebrada na Ínsua dos Poetas no Carballiño. Nel, todos os nenos e nenas, mozos e mozas do centro educativo cantaron un rap composto especialmente para a ocasión co que acariñamos as lembranzas e encamiñamos o noso porvir conscientes de que tamén somos Galicia, que existimos e que temos moitas cousas por dicir.

 

Programa

  • Grupo vocal:

“Fui eu madr, en romaría a Faro”.
Autor: João de Requeixo (siglo XIII).
“Santa María, strela do día”.
Autor: Alfonso X (siglo XIII).

  • Grupo instrumental:

“Obra medieval.
Autor: Alfonso X (siglo XIII).

  • Actuación musical a cargo del alumnado de 1.º de Bachillerato:

“Fui a fonte beber agua debaixo dunha enramada”.
Tema popular gallego.

  • Grupo de la clase extracurricular de Guitarra.
  • Grupo de Bailes Tradicionales de Galicia:

“Muiñeira de Chao”.
“Xota da Estrada”.

  • Grupo de la clase extarcurricular de Música:

“Maxicamente vello”.
Autor: Roi Casal.
“Onde vas ti indo”.
Tema popular gallego.

  • Obra de teatro:

“Agromar”.
Autor: Xosé F. Filgueira Valverde.
 

  • Proyección del videoclip “Saudade”, realizado por todo el alumnado de la institución a partir de un poema escrito por Francisco Luís Bernárdez.