Conferencia de Ricardo García Mira
O profesor Ricardo García Mira, catedrático de Psicoloxía Social na Universidade da Coruña impartiu o pasado luns, día 16, unha conferencia ao alumnado do nivel secundario do noso instituto.
Na charla, titulada “Que se está a facer diante do quecemento global?”, o científico explicou aos mozos e mozas os traballos que se desenvolven no mundo para concienciar á poboación a importancia de coidar o medio ambiente e afondou nalgúns dos proxectos internacionais nos que está a colaborar. Ademais o prestixioso profesor falou ao alumnado da importancia do desenvolvemento sustentable e dos avances que se están dando neste campo.
Despois de responder as preguntas que os mozos e mozas lle formularon, mantivo un encontro co presidente da Delegación arxentina da Fundación Galicia América. Nesa reunión coñeceu os traballos que o instituto está a desenvolver no presente e os proxectos futuros previstos.
Biografía do profesor García Mira: https://ricardogarciamira.com/es/biografia