Biblioteca do secundario: encontro virtual “Malvinas: 40 años despois da guerra”

20220405_100354

O pasado martes os cursos de 3º, 4º y 5º ano participaron do encontro virtual “Malvinas: 40 años despois da guerra”, organizado pola biblioteca do nivel Secundario.

Xunto á Veterana de Guerra de Malvinas, Stella Maris Botta, e a Dra. Paula Salerno, Lingüista, as e os estudantes estiveron conversando pola plataforma zoom sobre Malvinas desde o recoñecemento dos discursos xerados e tamèn silenciados polos medios durante e posterior ao conflito bélico de 1982.

Os rapaces e rapazas, guiados pola Dra Salerno desde Francia, escoitaron o testemuño de Stella Maris en Bos Aires con moito respecto e emoción e fixeron preguntas moi interesantes.

Un encontro que rematou con fermosas mensaxes cheas de valores positivos para a construción dun mundo mellor no que primen a verdade, a memoria e a igualdade entre os seres humanos.

Desde as aulas do instituto demos así, nesta importante data, o noso mellor recoñecemento e o máis sentido dos aplausos a unha das protagonistas -oculta por moitos anos ao recoñecemento da opinión pública- da xesta do Atlántico sur.

Galería de fotos