2.º Espazo para a Mellora Institucional con suspensión de clases (EMI)

60233384_2245495818852633_3954189717263613952_o

Tal e como establece o calendario oficial da Dirección Xeral de Educación de Xestión Privada do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires, o persoal do desenvolveu o 2.º Espazo para a Mellora Institucional con suspensión de clases (EMI).

Julieta D Angiolillo, directora dos niveis Inicial e Primario, xunto coa vicedirectora, Cecilia Borgo, mantivo un encontro cos docentes de primaria para traballar o proceso de alfabetización do alumnado. Na súa intervención, remarcou a importancia de avaliar a situación individual de cada neno e nena, captar o interese do educando e procurar que o alumnado note a súa progresión. Asemade, afondou na transcendencia de motivar a escritura e a lectura para lograr unha comprensión crítica da sociedade.

Pola súa parte, Juan Domingo Rodríguez, reitor do nivel secundarioorganizou un encontro do seu cadro de persoal coas licenciadas Belén Mariño e Valeria Trotta, integrantes do Equipo De Orientación Escolar, co fin de afondar nas estratexias didácticas a seguir cos mozos e mozas, e a coordinadora do nivel Inicial, Daniela Maldonado, avaliou coas docentes o traballo desenvolvido no comezo de curso para afianzar diferentes estratexias didácticas e implementar outras novas durante o ano.

Despois dos anteriores encontros, Gustavo Fabal ofreceu unha charla sobre seguridade, enmarcada dentro do noso Plan xeral para a emerxencia e a evacuación. As causas máis frecuentes de incendios, a extinción do lume e as súas clases, xunto cos elementos de protección do edificio foron algunhas das temáticas tratadas polo especialista.

Para rematar a xornada, a licenciada Sofia Mezzina Iglesias, exalumna do noso centro educativo, impartiu unha conferencia sobre Educación Emocional a todo o equipo docente. Nela, fixo fincapé no desenvolvemento cognitivo, na importancia do traballo constante entre alumnado, profesorado e familias e destacou que as habilidades pódense aprender. Paro, penso, actúo. “Non podemos pensar sen relaxación”, explicou a licenciada.

Galería de fotos