26 de Marzo, 18 hs: “O gran Camiño”. Ciclo Mestre Mateo 2022

Para pantalla e para web 1920×1080 px

A Academia Galega do Audiovisual co apoio da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a colaboración do Instituto Santiago Apóstolo, achegará este ano a Bos Aires oito das películas finalistas dos Premios Mestre Mateo 2022 (www.ciclomestremateo.gal).

O sábado, dia 26 de marzo, ás 18:00 horas, proxectarase “O gran camiño”, filme candidato na categoría de mellor documental.

Sinopse:

Documental narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, dous cineastas que deciden cargar as cámaras nas súas mochilas para emprender unha ventura de miles de quilómetros polas grandes rutas a pé do mundo.

O Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camiño Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta do Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, ou o europeo Camiño de Santiago, non son máis que unha excusa para unha viaxe máis profunda ao encontro da xente dos camiños, cos que se tratan temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio pola familia, os conflictos sociais, a espiritualidade, o cuidado do noso planeta, a conexión coa Pachamama, ou o regreso a un mesmo.

Galería de fotos