Día das Letras Galegas 2019

PIC_8796

O pasado venres, día 17 de maio, o Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires celebrou coma todos os anos o Día das Letras Galegas, xornada esta que é un eixe central das accións que durante este 2019 o alumnado da institución arxentino-galega vai desenvolver para dar a coñecer  a figura de Antonio Fraguas e, xunto coa súa transcendencia, apoiar e espallar a lingua galega na capital arxentina.

Nas dúas funcións desenvolvidas no Salón Valle Inclán do Centro Galicia, participaron alumnos e alumnas de todos os niveis educativos da institución  coordinados polo profesorado de Lingua Galega, Teatro e Artes Plásticas.

Durante a súa alocución, os presentadores do evento, Facundo Valiño de secundaria e Pilar Lombardo de primaria,fixeron fincapé na importancia de “pensar no 17 de maio como un referente que aglutineao redor da cultura e lingua de Galicia os restantes días do ano”.

“A miña modesta obra non é máis que un pequeniño gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e cadaquén ó seu xeito, traballaron ó   longo dos anos, traballan agora e seguirán traballando arreo no futuro, sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia.

“Por amor á nosa Terra”. Con estas palabras do homenaxeado, iniciouse a festa na que non faltaron os bailest radicionais, a música, as cantigas populares e a poesía. Os mozos e mozas teceron un fío condutor que permitiu achegar ao numeroso públicoque ateigou o teatro a importancia teórica e humana do insigne intelectual de Insuela.

As  diferentes mostras estiveron acompañadas de proxeccións que presentaron as opinións –entre outros– do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; da escritora Malores Villanueva; de Xusto Beramendi, presidente da Fundación AntonioFraguas e do propio protagonista.O acto pechouse coa interpretación dun poema da alumna de 5.º de bacharelato CamilaSpeller, doutro do escritor Antonio García Teijeiro e dunha versión musical do poema“A fala” do escritor Manuel María.“Viva Galicia, viva Arxentina; viva o galego!” berraron os condutores do acto para rematar a actividade.

Galería de fotos