Xogos 2023
Durante o mes de outubro celebramos no noso colexio os tradicionais Xogos do Santiago.
Con actividades diversas e competencias en diferentes áreas, os alumnos e as alumnas de primaria e secundaria –ataviados/as coa camisola de cada un dos equipos que representaba a cada unha 4 provincia galegas (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra)– compartiron momentos nos que brillou a camaradería, a rivalidade sa e o traballo solidario.
O pasado día 10 de novembro, desenvolvemos no pavillón deportivo o peche desta fermosa iniciativa, que culminou coa entrega da copa ao conxunto campión deste ano 2023.
VIDEO AQUÍ