Xogos 2009
COMENTARIOS VARIOS DE LOS PARTIDOS
Hockey
Día especialmente soleado, tarde INTENSA de DEPORTES!!!!
A nota de cor puxérona as integrantes da Coruña e Lugo que entraron ao terreo de xogo coas caras pintadas!!!!
Xogadoras destacadas: Sofía Mezzina quen, con toda a súa fogaxe e xogando de dianteira, foi a que logrou desequilibrar o ritmo do partido e xerar moitas situacións de gol. Cando ela tiña a bóla caneaba os contrarios con rapidez e chegaba á área rival sen problemas. Deste xeito converteuse na goleadora da tarde cun total de 6 tantos!!!!
Outra das figuras foi Daniela Castro (resaltou pola velocidade dos seus dribles) con 4 tantos!!!. En defensa Fátima Rosón amosou a súa firmeza e control na zona con boa distribución de xogo nas saída. En xeral TODAS puideron facer boas xogadas.
Fútbol
Temos que destacar o despregamento por toda a cancha de Ezequiel Montaña e Marcos Godino, tanto en defensa coma en ataque!!!! Para esquecer…, os “goles” de Leandro Tucio…, que algún día chegarán, hai que apuntar á portería, non á tribuna. O mal humor…, sen nomes.
Cross:
O xogador estrela: Ezequiel Montaña!!!! Manexou os fíos do seu equipo dende o posto de base, ordenando e dando asistencias. Mellor defensor: Jorge Collazo, insuperable nos rebotes defensivos, “o polbo” da súa defensa!!!! Xogador revelación: Adriel Sánchez, colleu os rebotes ofensivos e logrou varias canastras xerando a vitoria cómoda do seu equipo. Mellor xogador do partido: Maximiliano Stein, recibiu un pase sobre a dereita do ataque, fixo un caneo deixando en ridículo a dous xogadores rivais que semellaban “cazar bolboretas” e meteu unha canastra fantástica!!!…. Incrible!