XEIRA DE ACTIVIDADES DE PORTAS ABERTAS

Dentro da xeira de actividades de portas abertas que a institución educativa desenvolve, na materia de Lingua Galega estamos recibindo a visita dos familiares do alumnado (aos que agradecemos moito a súa concorrencia) para que podan ver un pequeno anaco dos traballos que se desenvolven nas nosas clases.
Os rapaces e rapazas dos diferentes cursos achegaron información sobre a historia da lingua galega, falaron da xeografía de Galicia e aprendéronlles aos visitantes palabras, oracións e textos no noso idioma. Ademais, fixéronos participar en xogos e outras actividades.