Visitas Institucionais dos Alcaldes de Silleda e de Lalín

O pasado venres, día 13 deste mes, recibimos no instituto ao alcalde de Silleda, Manuel Cuíña Fernández, quen veu acompañado de Klaus Brey Montaña e María Pilar Peón Iglesias, 1.eiro tenente de alcalde e concelleira de Benestar Social, Igualdade, Educación e Sanidade, respectivamente. Asemade, hoxe, mércores, día 18, visitounos o máximo mandatario do Concello de Lalín, Rafael Cuíña Aparicio.

No percorrido que os rexedores municipais realizaron polas nosas instalacións, puideron interiorizarse do proxecto educativo do centro de estudos e do traballo que levamos a diante na defensa e potenciación da Cultura Galega. Do mesmo xeito, dialogaron co profesorado e intercambiaron opinións con alumnado de diferentes niveis pedagóxicos.

Galería de fotos