Visita do vicepresidente da Xunta de Galicia e do xefe de Gabinete do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires

O venres, 12 de setembro, autoridades da Xunta de Galicia, do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires e da Embaixada de España realizaron unha visita ao noso instituto.

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o delegado do Goberno Galego en Bos Aires, Alejandro López Dobarro; o xefe de Gabinete do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires, Horacio Rodríguez Larreta e o conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Arxentina, Santiago Camba, entre outras autoridades, percorreron o centro educativo, dialogaron co alumnado e presenciaron un ensaio do coro escolar da institución que interpretou para eles unha cantiga do século XIII da autoría do trobador Xoán de Requeixo.

Acompañados polo presidente da Delegación arxentina da Fundación Galicia América, Manuel Peleteiro Pérez, puideron coñecer in situ unha parte dos traballos que o centro educativo realiza e mergullarse nos alicerces que sustentan o accionar cotián do instituto.

Xa na sala de xuntas da fundación, o vicepresidente da Xunta de Galicia e o xefe de Gabinete do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires asinaron o libro de ouro institucional e intercambiaron impresións cos presentes.

Galería de fotos