Visita do Lucía Aldao e María Lado

Lucía Aldao e María Lado conforman dende hai anos un grupo poético musical, Aldaolado, que achega e proxecta a cultura galega dun xeito dinámico e reflexivo.
Os mozos e mozas maiores do noso instituto coñecéronas durante a presentación que para eles e elas realizaron o pasado luns no salón de Hostalaría da institución… Coñecéronas e, polos ditos que se escoitaron posteriormente, non as van esquecer. Algunhas voces había que demandaban xa a súa pronta volta. Mesmo a idea de crear un hashtag #aldaoladovolve xurdiu entre os corredores.
Frescura, proximidade, empatía… e, por riba, calidade, moita calidade. As voces de Lucía e María encheron o Santiago Apóstol de boa poesía e de boa música cun sopro de esperanza.
