Visita do Deborah García Bello

A prestixiosa divulgadora científica galega, Deborah García Bello, mantivo un encontro co alumnado do nivel Secundario do noso instituto no que aproveitou para conciencialo do valor da independencia intelectual, configurada esta a partir do saber e a formación continua. Asemade, animou aos mozos e mozas para que afonden na súa cultura e traten de acadar un coñecemento amplo e non circunscrito a pólas exclusivas do saber.
Máis aló da motivadora charla, na que se confesou firme defensora dos dereitos da muller, respondeu preguntas dos asistentes, gravou unha entrevista para o Obradoiro de Radio e TV do noso centro e percorreu as instalacións.
