Visita do Conselleiro de Cultura, Educación e O. U. da Xunta de Galicia

O sábado, 9 de maio, don Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e O. U. da Xunta de Galicia e presidente da Fundación Galicia América visitou o noso instituto para manter un encontro coa Delegación arxentina da antes dita fundación.

Cómpre destacar que ese mesmo día pola tarde o señor conselleiro asinou o convenio de colaboración que certifica que a cidade de Santiago de Compostela será o ano que vén a cidade invitada á 42.ª edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires.