Visita do señor conselleiro de Educación de España para o Cono Sur
No día de hoxe, o noso instituto recibiu a visita de don Juan Cruz Aragoneses Bernardos, conselleiro de Educación de España para o Cono Sur.
Acompañado de dona Daniela Rodríguez Salinas Orozco, secretaria xeral da consellería, mantivo un encontro coa Delegación arxentina da Fundación Galicia América no que tomou coñecemento directo do traballo educativo presente que desenvolve o Instituto Santiago Apóstolo, alentou os seus inmediatos proxectos futuros e predispuxo o seu apoio para acompañar o crecemento institucional do centro de estudos.