Visita de Marian Moreno Llaneza
O alumnado do nivel secundario recibiu a visita de Marian Moreno Llaneza, profesora e escritora española, especializada en Coeducación (educación en valores e igualdade sen distinción de xénero).
As súas importantes achegas permitíronnos continuar coa abordaxe de temáticas vinculadas á Educación Sexual Integral (ESI); nesta ocasión, reflexionando sobre os postulados da masculinidade tradicional e intentando aprender a construír unha masculinidade igualitaria.